Sunday 19 de May de 2024

Un espectáculo de monicreques dos Bolechas chega á Pobra no 4 de novembro


Os Bolechas visitan en familia unha galería de arte é o título da nova actividade que chega á Pobra do Caramiñal enmarcada no FalaRedes 2023 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Este espectáculo de monicreques terá lugar no 4 de novembro, ás 17.00 horas, no teatro cine Elma. O público infantil e familiar acompañará aos Bolechas nunha visita a unha galería, onde coñecerán un pintoresco personaxe e os seus cadros abstractos. Os Bolechas non entenden ese tipo de arte, prefiren pintar cadros máis figurativos e, coa axuda das persoas asistentes, debuxarán sobre os seus antepasados.

A este respecto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explica que se trata dunha proposta que “ademais de entreter e servir para pasar unha tarde divertida, tamén ten unha visión pedagóxica porque dinamiza o uso da lingua galega entre as crianzas.”

Non se require inscrición previa.